Xuntanza de blogueros gastronómicos e un 'showcooking' para celebrar a cociña saúdable

A cita será o 16 de xuño na Aula Municipal de Cociña da rúa Vasco da Ponte

O Concello de Ourense celebra a cociña saudable cunha xornada na que diferentes expertos gastronómicos, todos eles detrás de blogs especializados, ofrecerán a súa particular visión sobre aspectos da alimentación e do consumo. A xornada, que se celebrará o 16 de xuño, desenvolverase en dúas partes, un show-cooking e unha mesa redonda dos propios participantes, e terá lugar na Aula Municipal de Cociña da rúa Vasco da Ponte, nas Lagoas.

O programa comezará ás 17:00 horas coas intervencións dos expertos na showcooking. Alba Salgado López, de Mi carnívoro y yo, falará de almorzos saudables (batido verde e smoothie bowl), snacks saudables (barriñas enerxéticas de quinoa -salgadasl e energy balls -doces-), comidas/ceas saudables (Wok de espaguetis de calabacín -salteados con cherrys, tempeh, kale e pesto cremoso de aguacate; con opción crúa-), e doces saudables (xeado de plátano de varios sabores), “o xeado máis simple, san e natural cun so ingrediente base e todas as posibilidades que queiras”.

Ás 19:00 horas terá lugar a segunda parte do programa coa emsa redinda moderada polo ourensán Rubén Amorín, de Ni mata ni engorda. Os relatores serán a apropia Alba Salgado López, de Mi Carnivoro y yo, Pilar López, de Enclaveveggie, e Adriana Fernández, de Nutricionista coaching.

As primeiras intervencións xirarán en torno ao mundo dos Bloggers Gastronómicos, unha moda ou unha ferramenta? A segunda parte versará sobre temas tan diversos coma os que seguen: Que entendemos por alimentación saudable? Alimentación infantil; superalimentos; alimentación sostible e soberanía alimentaria; veganismo. azucres saudables; as manipulacións da industria alimentaria.

Te puede interesar