CULTURA

Vilamarín celebra a XXXI edición das “Noites teatrais”

O programa, que se celebrará dende o 9 ao 13 de xullo, inclúe espectáculos de referencia na dramaturxia galega.

 

O municipio de Villamarín acolle un ano máis as tradicionais “Noites teatrais”, que este ano chegan a súa XXXI edición cun programa que inclúe espectáculos de referencia na dramaturxia galega. Celebraranse do 9 ao 13 de xullo, cada día ás 22.30 horas, no auditorio municipal.

A presentación desta iniciativa cultural tivo lugar este venres no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o alcalde e a concelleira de Cultura de Vilamarín, Amador Vázquez e Marina Rodríguez. 

Programación de "Noites teatrais":

  • 9 xullo, Grupo de Teatro de Vilamarín, co espectáculo “Os cravos de prata”.
  • 10 xullo, Maricastaña, co espectáculo “As ondas das pedras no río”.
  • 11xullo, Ibuprofeno Teatro, coa actuación “Casa O'Rei”.
  • 12 xullo, Sarabela Teatro, con “O rei morre”.
  • 13 xullo, Contraproducións, coa obra “Fillos do Sol”.

A entrada dos espectáculos é gratuíta.

Te puede interesar