A TOTAL NORMALIDADE EN TóDALAS ETAPAS EDUCATIVAS MARCA O INICIO DO CURSO NOS CENTROS DE ENSINO GALEGOS

Aulas a pleno rendemento en toda a Comunidade

O curso escolar 2013/2014 está en plena actividade en Galicia e aporta datos salientables nas distintas etapas educativas. Os primeiros en comezar o curso foron os alumnos de educación infantil e primaria.

Neste caso, máis de 200.000 estudantes ocupan as aulas nestas etapas educativas, sendo 67.591 alumnos e alumnas e 133.199 respectivamente, o que reflicte un descenso na primeira etapa e un mantemento das matrículas na segunda, segundo estimacións da Xunta de Galicia. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso. Deles 28.853 están matriculados na provincia de A Coruña; 25.699 son de Pontevedra; 6.678 de Lugo e 6.361 de Ourense, fronte aos 28.601; 26.003; 6.738 e 6.376 respectivamente do curso pasado en educación infantil. Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 133.199 alumnos e alumnas comezaron as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 55.426 están matriculados en A Coruña; 13.314 en Lugo; 12.757 en Ourense e 51.622 en Pontevedra. Fronte aos 55.147, 13.201, 12.680, 51.710 respectivamente do curso pasado.
O mesmo día do comezo de curso escolar empezaron a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería. Ámbolos dous foron adaptados as necesidade existentes para o presente curso nos centros educativos. A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e a pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos.

ensino secundario
Días máis tarde voltaban as aulas os alumnos e alumnas de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial nos centros educativos galegos. Un total de 146.321 estudantes comezaron as clases segundo os datos provisionais de matriculación, con 87.473 alumnas e alumnos na ESO e 30.854 en bacharelato. En disciplinas artísticas 10.561 estudantes comezan as clases do novo curso, 469 nas deportivas, e 16.964 nas ensinanzas para adultos. Outros que comezaron este mismo días son os alumnos dos ciclos formativos de Formación Profesional e dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Galicia. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión.

Universidade
O acto de apertura do curso universitario celebrouse no salón nobre do Colexio de Fonseca, e contou coa presenza dos reitores das tres universidades galegas, Xosé Luis Armesto (UDC), Juan Casares (Universidade de Santiago de Compostela), e Salustiano Mato (Universidade de Vigo). Ademais no acto estivo presente, entre outras autoridades, o presidente do Consello Social da Universidade de Santiago, Manuel Puga. Na inauguración do curso universitario o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reafirmou o compromiso cos estudantes e recordou que “a responsabilidade de levar o SUG ata elevados índices de calidade e prestixio é unha tarefa compartida de todos os axentes pertencentes ao mesmo”. Para este curso volvéranse a convocar as axudas complementarias que terán como novidade unha contía para os estudantes que obtiveran entre 5,5 e 6,5 nas probas de acceso á universidade. Galicia ten os prezos de matrícula máis baixos de todo o Estado grazas a aposta da Xunta pola universidade pública.

Te puede interesar