PARTICIPARáN NESTA INICIATIVA DA CONSELLERíA DE EDUCACIóN 454 CENTROS, QUE DESENVOLVERáN 992 PROXECTOS.

Proxecto educativo e premios en apoio da innovación

O novo proxecto estará presente en 454 colexios das catro provincias.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporara este curso un 34,7% máis de centros ao Plan Proxecta, deseñado como un Plan de Fomento da Innovación Educativa nos Centros e posto en marcha co obxectivo esencial de promover dinámicas metodolóxicas innovadoras nas aulas que desenvolvan a educación en valores e as competencias básicas mediante proxectos interdisciplinarios.


O Plan Proxecta traballará en 454 centros, 117 novos centros respecto do curso pasado; que desenvolverán 992 proxectos, 228 máis ca no 2012/2013. Así mesmo, na segunda edición implicaranse un total de 5.537 docentes, o que supón 1.612 máis que na primeira edición do Plan Proxecta.

O Plan Proxecta crea un marco xeral de colaboración co resto de consellerías, integrando nun mesmo espazo de referencia as iniciativas dos diferentes departamentos da Xunta para o fomento da innovación educativa, establecendo ademais uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns para a creación de proxectos de innovación que desenvolvan competencias e valores. Trátase de propiciar dinámicas que favorezan a innovación nos propios centros a través de 25 programas externos que aglutinan a maioría de entidades do Goberno galego, con programas dirixidos ao ámbito educativo que buscan levar á motivación e ao traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado nos proxectos.

Neste sentido o plan ten un triple obxectivo. Por unha banda, organizar a chegada dos diferentes programas da Xunta aos centros, incluíndoos na súa programación anual e nas programacións específicas do profesorado participante; apoiar o desenvolvemento dos mesmos nos colexios e institutos; e mais recoñecer o esforzo innovador do profesorado, dándolle visibilidade aos seus proxectos mediante a súa publicación nos medios dixitais da consellería e premiando os mellores traballos.

Premios á innovación

A Consellería está a traballar para fomentar a participación dos centros educativos en proxectos innovadores, nun Plan Proxecta recoñece a participación mediante certificación da innovación educativa aos coordinadores e certificación formativa para todo o profesorado. Ademais a consellería vén de convocar por primeira vez os Premios ás Boas Prácticas de Innovación Educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013, uns galardóns que recoñecerán boas prácticas innovadoras dos centros educativos galegos nas modalidades de mellora da convivencia nos centros educativos, atención á diversidade, uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos, desenvolvemento das competencias básicas, mellora da aprendizaxe e do uso da lingua galega, mellora da aprendizaxe e do uso das linguas estranxeiras e, por último, na modalidade de iniciativas de emprendemento e/ou de innovación metodolóxica na Formación Profesional.

Tanto o Plan Proxecta como estes Premios á Innovación buscan unha mellora nas dinámicas educativas nos centros galegos.

que supoñan un avance e unha motivación intensa para o profesorado, e para que o alumnado adquira máis eficaz e máis activamente as competencias e os coñecementos que o leven a unha crecente posición crítica e autónoma.















 

Te puede interesar