Quince xóvenes fórmanse como carpinteiros en Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño imparte un curso gratuito de carpintería para o que se anotaron un total de 15 xóvenes do municipio. Son rapaces que están sin empleo ou que acaban de rematar os estudos e ven esta profesión como unha posible saída laboral. As clases empezaron o pasado día 2 de setembro e prolónganse ata o vindeiro 14 de novembro, de luns a xoves, entre as 16,00 e as 20,30 horas.

A intención das autoridades de Castrelo de Miño está en organizar a continuación un curso de perfeccionamento para abarcar tanto a realización de mobles como a carpintería industrial.

Deste xeito, indicaba o alcalde, Xurxo Rodríguez, que 'o Concello dispón dunha carpintería que se puxera en marcha cun obradoiro e que segue utilizando a brigada municipal para repoñer mobiliario urbán, e agora decidimos aproveitala tamén para a formación'.

Te puede interesar