Sesión de 'Contos da selva' para nenos na biblioteca de Verín

A Biblioteca municipal de Verín programa este venres, entre as 18,00 e as 19,15 horas, a iniciativa 'Contos da Selva', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os tres e nove anos, e consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas cos animais, en concreto un león de cartolina, para o que os participantes deberán traer pegamento e tres cartolinas. A actividade será coordinada por nenos voluntarios, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Os usuarios poden informarse tamén na web da propia Biblioteca municipal verinense.

Te puede interesar