A Xunta tramita 6.000 bolsas máis para libros e destina seis millóns a material escolar

A Consellería de Cultura e Educación tramitou este ano 6.000 bolsas máis para libros de texto e distribuíu máis de 6 millóns de euros en axudas para material escolar, unhas axudas estas últimas que non se dan en ningunha outra Comunidade Autónoma.

En termos porcentuais, as previsións da Consellería son ter que afrontar un incremento do 5% nos pagos en becas para libros. De feito, Galicia é a comunidade autónoma que está á cabeza en axudas para compra de libros de texto, cun investimento de máis de 20 millóns de euros, o maior en función da súa poboación escolar. Ademais, a Xunta está no grupo de cabeza en canto ás contías individuais das axudas, con bolsas, un ano máis, de ata 250 euros. Feitos como este poñen de manifesto o esforzo que o departamento educativo da Xunta de Galicia está a realizar para garantir o acceso da cidadanía aos servizos educativos básicos, con máis axudas a quen máis o necesita.
No que atinxe ao profesorado, cómpre sinalar que a ratio de alumnos por profesor en Galicia é a segunda máis baixa do Estado, con 10,4 alumnos por profesor e a que menos se ten incrementado nos últimos cursos, habida conta de que no Principado dita taxa subiu seis décimas e en Galicia catro.
Ademais, respecto da ratio máxima de alumnos por aula, esta non se incrementou en Galicia, como si ocorreu en moitas comunidades autónomas. Polo tanto, é debido á xestión responsable e eficaz da Consellería, pódese dicir que o ensino en Galicia afrontou o escenario de axustes que se aplicou en todo o Estado desde unha posición máis vantaxosa, grazas ás medidas tomadas antes pola Xunta.

Te puede interesar