A Academia rexeita admitir ‘pulpo' no diccionario galego

photo_camera O termo "polbo" provocou un forte debate na reunión do pleno da Real Academia Galega. (MARTIÑO PINAL)

Opta polo termo 'polbo', ó entender que é o voz patrimonial galega e está amplamente documentada. 

O pleno da Real Academia Galega rexeitou onte o termo "pulpo" como palabra da lingüa galega, decantándose polo uso oficial de polbo, logo dun longo debate entre os integrantes do mesmo, segundo fontes consultadas. Argumentan que "non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual". Ademáis, considera que "a palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial". Ó mesmo tempo, sinalan que un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que "entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira".

Por eso, conclúe que a palabra polbo, diferencial, é galega, está consolidada actualmente no uso escrito e presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo.

A decisión da Academia supón un forte revés para o alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes, quen desenvolveo un gran esforzo para intentar que se recoñecera oficialmente o termo "pulpo" , tendo en conta o uso habitual do termo nesta zona, moito máis empregado que polbo.

O rexidor tamén tiña en conta para plantexar a solicitude que o nome do evento multitudinario gastronómico de exaltación do cefalópodo que se celebra cada mes de agosto dende fai máis de 50 anos no Carballiño é Festa do Pulpo, polo que por un lado pretendía que se aceptara oficialmente para que fose un nome correcto e por outro tamén o plantexaba como argumento que avalaba a súa proposta.

Marnotes encargaba un estudio ó Centro de Estudios Carballiñeses sobre a posibilidade que plantexaba, e os diferentes profesinais que participaron la investigación díronlle a razón presentando un informe favorable á palabra "pulpo", que acompañou a solicitude á Real Academia Galega.

Te puede interesar