POLÉMICA

A apertura diaria do castelo enfronta a PSOE e PP en Castro Caldelas

A fortaleza, segundo ManuelLage, carece de guía desde mediados do pasado mes de xaneiro

O Partido Popular de Castro Caldelas reclama ao Concello que abra a diario a fortaleza, para cumplir deste xeito unha ordenanza municipal que así o establece. Segundo sinalan os 'populares', desde principios de ano só abre as súas portas durante os fins de semana e días de feira por falta de persoal, unha situación que, para o portavoz do PP, Manuel Lage, "xera as protestas dos visitantes e pode ocasionar graves prexuizos aos hostaleiros da vila, en especial ante a proximidade da Semana Santa".

A fortaleza, segundo ManuelLage, carece de guía desde mediados do pasado mes de xaneiro, data na que presentou a súa baixa por enfermidade a persoa que facía estas funcións. Desde entón, o castelo só abre os fins de semana.

Pola contra, a alcaldesa socialista, Sara Inés Vega, afirma que "o PP , como sempre, fala sen informarse". Afirma que "o castelo estivo atendido por empregados municipais tódolos días, agás as primeiras horas da mañá, ata as 11,00 ou así, nas que é raro que acuda alguén. Aínda así, hai na porta un teléfono ó que se pode chamar e aténdese a visita en poucos minutos por persoal do Concello, que está moi preto". No resto da xornada "o castelo está atendido e hai visitas guiadas casi todos os días". A alcaldesa asegura que precisamente hoxe, venres, comezará a traballar una persona no castelo, que substituirá á persoa que está de baixa.

Te puede interesar