CRÓNICA

Castañas con sabor a poesía

Asistentes ó Poemagosto que ce celebrou en O Rexo (MARCOS ATRIO)
photo_camera Asistentes ó Poemagosto que ce celebrou en O Rexo (MARCOS ATRIO)

Castañas asadas, libros e poesía protagonizaron a primeira edición do Poemagosto, unha xornada lúdica e reivindicativa do no espazo natural O Rexo, en Allariz, promovida pola Fundación Vicente Risco

O ecoespazo do Rexo, a escasos kilómetros de Allariz, acolleu onte a primeira edición do Poemagosto, unha iniciativa da Fundación Risco para promover ese espazo natural. Ó pe do conxunto artístico de Ibarrola, unha carpa serviu de refuxio ó centenar de personas que se acercaron ata alí nunha xornada fría e húmeda, na que non deixou de orballar.

Como sinalaba Luis Martínez Risco, presidente da Fundación Risco, o Poemagosto pretende ser unha iniciativa familiar, "por iso o facemos en domingo", na que se mistura o ocio, os libros, a poesía, a exposición e venta de productos autóctonos e artesanais, a música, a convivencia e a gastronomía.

A mañá abriuse coa actuacion do Mago Gusi, que fixo rir e disfrutar á ducea de rapaces que acudiron á celebración e ós seus país.

Mentres no exterior da carpa se comezaban a asar as castañas y a facer o churrasco, contra a unha da tarde procedeuse a presentar o número 4 da revista literaria Elipse, do Círculo Ediçoes. O mundo dos castiñeiros e da castaña foi debatido nunha charla que correu a cargo de Xurxo Laxe, portugués residente en Braga, estudoso dos soutos e autor dun libro de receitas de castañas.

A animación musical correu a cargo do grupo de Pandereteiras Xilandeiras, que animou os prolegómenos do xantar. Xa á mesa, os asistentes deron conta dun menú composto por empanada, costela, chourizo, castañas e viño. As dúas longas filas de mesas acondicionadas baixo a carpa acolleron ó cento de persoas que acudiron á festa, a maioría de Allariz, pero moitas procedentes de Ourense, Vigo, Santiago e A Coruña e Portugal.

Xa pola tarde tiña lugar o prato forte da programación elaborada pola Fundación Risco, un recital de poesía que correu a cargo de oito poetas da terra: Luz Fandiño, Cruz Martínez, Nolim González, Dores Asorei, Antón Riveiro Coello, Rochi Novoa, Miguel Ángel Diz e Carlos da Aira fixeron disfrutar ós presentes cas súas creacións. O programa do día completouse coa intervención de Xurxo Souto, que fixo a presentación do seu libro "Contos do mar de Irlanda"

Te puede interesar