O RIBEIRO

Educación estudia crear o grao de Vitivinicultura en Ribadavia

photo_camera O conselliro (dta.), co director do IES Ribeiro durante a visita que realizou ó centro educativo (MARCOS ATRIO)

O Conselleiro Xesús Vázquez visitou as dependencias e o equipamento que se instalou no IES O Ribeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a estudar a posibilidade de implantar no Instituto de Ensino Secundario (IES) O Ribeiro o ciclo de grao superior en Vitivinicultura. Así o anunciou onte o conselleiro, Xesús Vázquez Abad, no transcurso dunha visita que realizou a aquel centro, ubicado na vila de Ribadavia, quen engadiu que este ciclo permitirá "completar a oferta de FP no relacionado ao sector vitivinícola, de tanta importancia na comarca do Ribeiro".

Xesús Vázquez visitou onte pola mañá o IES O Ribeiro, para comprobar o aproveitamento que se está a facer nas aulas do material adquirido polo seu departamento para mellorar a dotación do ciclo de grao medio en Aceites de Oliva e Viños,que supuxo, segundo informou a Consellería, un investimento de máis de 36.000 euros, do que se benefician os 31 estudiantes que cursan este ciclo.

Este material, consistente en cubas, bombas de vendima e diversos equipos de laboratorio, únense a outras melloras e á implantación de programas educativos como o 'Abalar' no centro, no que a Consellería investiu desde o ano 2009 preto de 345.000 euros, segundo puxo de manifesto Xesús Vázquez.

Así, realizáronse reparacións no peche do recinto, na cuberta, na carpintería exterior e interior, na sala de caldeiras e no sistema de electricidade e calefacción. Asimesmo, adaptáronse espazos nas aulas, especialmente para mellorar a oferta de FP coa implantación do Ciclo de Aceites de Oliva e Viños no 2012.



BNG e alcalde

Logo de que o conselleiro de dixera que se está a estudar a implantación do ciclo de grao superior en Viticultura, o grupo municipal do BNG de Ribadavia difundiu un comunicado no que expresa a súa satisfacción polo anuncio e sitúa xa a posta en marcha deste ciclo no curso 2015-2016, lembrando que esta é "unha reivindicación sucesivamente reclamada dende o BNG". Los nacionalista recuerdan asimismo a Vázquez Abad dous proxectos que ten pendentes na comarca: a implantaci´lon do nivel avanzado de inglés no IES O Ribeiro e o Museo do Viño de Galicia.

Por outra banda, o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, expresou onte o seu malestar e criticou con dureza ó conselleiro Xesús Vázquez por non telo invitado a participar na visita que realizaou ó IES O Ribeiro, un actitude que o rexidor ribadaviense califica de "mala educación".

Te puede interesar