HOMENAXE

Maceda honra a “un home bo e xeneroso", Francisco Carballo

photo_camera Aspecto que presentaba o Multiusos de Maceda durante a intervención do alcalde, Xabier Oviedo (MARTIÑO PINAL)

Unha ampla representación do nacionalismo galego deuse cita no Multiusos da localidade

O edificio multiusos de Maceda presentaba onte pola tarde un cheo a rebordar no decurso do acto que organizou o Concello para render homenaxe ao sacerdote, historiador, teólogo e político Francisco Carballo Carballo, e no que houbo unha ampla representación do mundo do nacionalismo galego. Na sála déronse cita, entre outros, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence,os deputados Francisco Jorquera, Tereixa Paz ou Bieito Lobeira,e representantes de concellos e entidades de toda Galica cos que estivo vencellado dalgún xeito o homenaxeado.

Francisco Carballo naceu en 1935 na localidade de Celeirón de Asadur, Maceda, e finou o pasado 29 de novembro en Salamanca. Foi soterrado o día 13 de decembro, nunha cerimonia íntima, no cemiterio de Asadur.

O alcalde de Maceda, Xabier Oviedo, de Compromiso por Galicia, abriu e pecho un acto que calificou de "moi emotivo". Na súa intervención resaltou a faceta humana de Francisco Carballo, calificouno como "un home bó e xeneroso e suliñou "a súa capacidade para xuntar ámbitos tan dispares como o relixioso e o político e non momento non doado como eran os anos 70 do século pasado". Oviedo anunciou que levará ó próximo pleno da Corporación Municipal de Maceda unha proposta para que se lle poña o nome de Francisco Carballo ao parquecoñecido na actualidade como do Toural.

Xavier Vence resaltou na súa intervención o traballo e a implilcación de Carballo co nacionalismo, formando parte das súas candidaturas electorais. Asimesmo, coincidíu co alcalde de Maceda en destacar a capacidade de Carballo para facer convivir a relixion e a política.

O editor e xornalista Xan Carballa resaltou o feito de que Carballo tivo varias vinculacións, "por un lado, a religiosa, onde participó con varios movementos; o asociacionismo cultural; a súa parte política, pois participou nas primeiras elecciónss democráticas e, o máis importante, o seu trabajo como historiador", no que deixou unha obra extensa".

Tamén interveu no acto o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, que en 2012 agasallou a Francisco Carballo co premio "Bos e Xenerosos". O investigador Santiago Prol resaltou a faceta de Carballo como historiador, mentres que o presbítero Manuel Peleteiro incidiu no seu traballo relixioso, mentres que Milagros Calvo, sobriña de Francisco Carballo, fixo una lembranza moi emotiva da súa relación coa familia.

No transcurso do acto, os organizadores proxectaron un vídeo titulado "Francisco Carballo,sempre no corazón".

Te puede interesar