fotografía

Parada de Sil convoca un novo concurso fotográfico

A data límite para presentar os traballos será o 28 de xullo e o xurado fará pública a súa decisión o día 11 de agosto.

O Concello de Parada de Sil, en colaboración coa Asociación Cultural Ouro do Sil, ven de convocar a décima edición do Concurso Fotográfico Rosa Pons, un certame que se ven celebrando desde hai dez anos, coa finalidade de "estimular a creatividade, o  amor pola fotografía e un maior coñecemento de Parada de Sil e a Ribeira Sacra, segundo os organizadores. A alcaldesa, Yolanda Jácome, recoñece públicamente a colaboración de Camilo Yáñez, mecenas do concurso, pois decidiu incrementar a dotación económica do certame.  Esto permite establecer un segundo premio, tanto na modalidade de tema libre como na de visión de Parada de Sil, de 200 e 300 euros, respectivamente, polo que o importe total do concurso sitúase en 2.000 euros.

Este ano as fotografías poderán presentarse no concello adheridas sobre cartón de pluma, paspartú ou similar e evitarase a presentación dun CD ó poder enviar a copia por correo electrónico, segundo as suxestións dos participantes doutras edicións.

A data límite para presentar os traballos será o 28 de xullo e o xurado fará pública a súa decisión o día 11 de agosto.

Te puede interesar