Natureza

Medio Ambiente promove unha nova reserva da biosfera en la provincia

Tecnosoles utilizados en las escombreras de A Gudiña.
photo_camera Vista panorámica de los alrededores de A Gudiña
Os rexedores de A Gudiña, A Mezquita, Riós e Vilariño de Conso reuniranse para este fin en setembro

O rexedor de A Gudiña, José María Lago, desprazouse ata Santiago para manter un encontro coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e avanzar no proxecto para impulsar unha nova candidatura a reserva da biosfera ante a Unesco para o territorio que abrangue os concellos ourensáns de A Gudiña, Riós, Vilariño de Conso e A Mezquita. 

Lago foi un dos promotores desta iniciativa que pretende poñer en valor e preservar a riqueza que atesoura unha parte importante do municipio que goberna, recoñecida xa como zona Rede Natura. Neste senso, a Consellería de Medio Ambiente analizará a posibilidade de acadar esta declaración, tal e como manifestou Ángeles Vázquez ante o rexedor local. 

As reunións continuarán durante o vindeiro mes de setembro, cando a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, recibirá, nunha nova xuntanza, aos alcaldes dos catro concellos, que desexan iniciar, canto antes, a tramitación administrativa necesaria para optar á declaración dos seus entornos como reserva da biosfera. Nesta liña, José María Lago trasladoulle á conselleira a importancia deste proxecto para os catro municipios e considerou "fundamental" poder contar coa experiencia, o apoio, e o asesoramento da Consellería de Medio Ambiente dende o primeiro momento. 

Segundo datos da administración autonómica, Galicia conta con seis reservas da biosfera que ocupan ao redor do 25 por cento de todo o territorio da comunidade. Son as reservas de Terras de Miño, Os Ancares lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; río Eo, Oscos e Terras do Burón; área de Allariz; As Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, e tamén o Xurés-Gerês. 

A comezos deste mes de agosto presentouse oficialmente a candidatura coa que a Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e Courel aspiran a converterse na séptima reserva da biosfera de Galicia. 

A figura de reserva da biosfera foi creada pola Unesco para mellorar a relación das persoas coa súa contorna natural e supón un dos recoñecementos de carácter internacional máis importantes.

Te puede interesar