Centro de Acollida de Animais de Pontevedra xestiona tres adopcións diarias

Durante o primeiro ano de actividade do centro se rexistraron máis de 2.000 intervencións, 340 adopcións e 500 cans recollidos nas súas instalacións.

O Centro de Acollida de Animais Abandonados de Armenteira, dependente da Deputación de Pontevedra, xestiona na actualidade unha media de tres adopcións diarias, unha cifra que triplica a dos primeiros meses de funcionamento do centro como resultado das campañas de concienciación en contra do abandono.

Da Deputación trasladaron, nunha nota de prensa, que durante o primeiro ano de actividade do centro se rexistraron máis de 2.000 intervencións, 340 adopcións e 500 cans recollidos nas súas instalacións e outros 286 que puideron volver cos donos.

Por iso, na institución provincial consideran que os datos demostran "a capacidade do centro de dar resposta a un serio problema que afecta ás persoas, aos propios animais e aos concellos, que son os que teñen a competencia nesta materia e que moitas veces carecen de recursos".

A pesar disto, matizan, o éxito das instalacións non está tanto no aforro "económico que supuxo ás arcas municipais", moitas veces próximas a 70%, senón no "intenso labor de concienciación a favor das adopcións".

Das máis de 2.000 intervencións que se realizaron nestes primeiros meses, 538 concentráronse na bisbarra do Salnés, motivado en boa medida polo elevado número de abandonos que se realiza nos arredores das instalacións do centro.

Entre os concellos que destacan por número de intervencións están ademais Gondomar con 119, Vigo con 480 e Deza con 193.

Te puede interesar
Más en Sociedad