Obituario

Falece o historiador e expresidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro

photo_camera Xosé Ramón Barreiro (RAG).
O académico foi presidente da Real Academia entre 2001 e 2009

O historiador galego e expresidente da Real Academia Galega (RAG) Xosé Ramón Barreiro faleceu este mércoles aos 84 anos de idade. O académico era catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, así como especialista na vida política e social do século XIXI e na historia cultural e institucional do país.

Xosé Ramón Barreiro foi presidente da RAG entre 2001 e 2009, unha etapa "moi importante de renovación e modernización da Academia", destacan dende a propia RAG: "Foi un membro destacado da xeración de historiadores que anovaron o estudo desta ciencia en Galicia a partir da década dos 80". Xosé Ramón Barreiro especializouse na figura de Manuel Murguía, sendo o coeditor do seu epistolario, máis de 1.600 cartas conservadas no arquivo da Real Academia Galega. Ademais, exerceu na Academia un papel destacado na divulgación da figura de Emilia Pardo Bazán como director do grupo de investigación La Tribuna da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

Xosé Ramón Barreiro (Ribeira, 1936), licenciouse en Dereito Canónico na Universidade Gregoriana de Roma e doutorouse coa tese "A perpetuidade subxectiva do beneficio eclesiástico" na mesma universidade, no ano 1965. Barreiro tamén se licenciou en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, coa memoria de licenciatura La Ilustración en la Universidade de Santiago de Compostela (1974), e cinco anos despois acadou o grao de doutor coa tese "El campesinado gallego en la Historia contemporánea".

Te puede interesar
Más en Sociedad