SALUD

Os Bolechas fomentann os bos hábitos entre os nenos

635301599992718381w
photo_camera Momento de la presentación del libro 'Os Bolechas educan a Pepiño Chispa'.

Os Bolechas, a familia máis coñecida da televisión galega, presentou omte en Santiago unha nova aventura na que educan a Pepiño Chispa para axudalo a adquirir hábitos saudábles como a alimentación e o exercicio.

O libro "Os Bolechas educan a Pepiño Chispa" presentouse onte en Santiago nunha nova aventura dos populares irmáns, que vén acompañada dunha páxina web destinada a fomentar a importancia da actividade física e da alimentación saudable entre os máis pequenos da casa. A iniciativa forma parte do plan de prevención da obesidade infantil que se aprobará o próximo xoves no Consello da Xunta.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asistiron á presentación desta nova iniciativa dos Bolechas promovida pola Consellería de Sanidade, a Unión de Consumidores de Galicia e o Foro Interalimentario e que se enmarca no Plan Xermola, orientado á prevención da obesidade xuvenil e infantil, un “grave problema que aínda estamos a tempo de parar”, segundo dixo o presidente.

“En Galicia un 26 por cento dos nenos de entre 6 e 12 anos ten sobrepeso”, informou Núñez Feijóo, unha situación á que é necesario poñer freo. E entre as iniciativas que se porán en marcha desde o goberno galego para iso está a edición desta nova historia dos Bolechas, que vén acompañada de varias propostas paralelas, como a posta en marcha dunha páxina web (www.osbolechas.com/saude) con xogos educativos e divertidas actividades destinadas a fomentar estilos de vida saudables dunha maneira lúdica.

O libro, “Os Bolechas educan a Pepiño Chispa” está dirixido “a nenos de 4 a 7 anos e será distribuído en centros educativos, hospitais e bibliotecas públicas”, como sinalou o presidente da Xunta na súa intervención, na que convidou os nenos e nenas presentes a “facer máis deporte e comer mellor para estar máis sans e fortes”. Feijóo destacou ademais a colaboración entre os departamentos de Sanidade e Educación para abordar o problema da obesidade desde todos os ámbitos e buscar a mellor forma de poñerlle freo. Ademáis, no evento organizado para presentar as novas aventuras da familia máis divertida da televisión galega, estiveron presentes máis dun centenar de nenos e nenas, que participaron nunha gran festa onde non faltaron Os Bolechas nin o seu autor, Pepe Carreiro, qeu lles explicou os pequenos como crea as historias e aventuras dos seus personaxes preferidos.

O protagonista da xornada foi o autobús dos Bolechas que chamou a atención de todos os que pasaban onte pola mañá pola praza do Obradoiro. Nin o presidente da Xunta se resistiu a visitalo e coñecer todas as actividades que ofrece para os cativos, desde a zona de lectura ata a ludoteca ou a sala de cine.

Te puede interesar