La Región

SOCIEDAD

O humorista Roberto Vilar e a actriz María Castro, os preferidos polos galegos para irse `de cañas

Entre os persoaxes galegos masculinos preferidos polos habitantes da Comunidade para un intre de cañas continúan a lista os actores Luís Tosar e Mario Casas

O humorista Roberto Vilar e a actriz María Castro, os preferidos polos galegos para irse `de cañas

O humorista Roberto Vilar e a actriz María Castro son os escollidos polos galegos como os compañeiros de barra ideais para pasar un intre `de cañas`, tal e como recolle a enquisa anual de Cervexeiros de España `Con quen te irías de cañas?`, realizada por Madison Market Research.

Entre os persoaxes galegos masculinos preferidos polos habitantes da Comunidade para un intre de cañas continúan a lista os actores Luís Tosar e Mario Casas. No caso das mulleres, están a actriz Cristina Castaño e a cantante Luz Casal.

Por sectores e a nivel nacional, Joaquín Sabina é o cantante masculino elixido os galegos para irse de cañas, con Malú como representante feminina. A eles séguenos Melendi, Alejandro Sanz e Antonio Orozco e, polo lado feminino, Amaral, Alaska e Marta Sánchez.

En canto ás figuras de radio e televisión, os galegos decántanse por Matías Prats, Jesús Vázquez, El Gran Wyoming e Iñaki Gabilondo, así como por Julia Otero, Susanna Griso e Paz Padilla.

Luís Tosar e Penélope Cruz forman a parella escénica favorita dos galegos para irse de cañas, seguidos de Blanca Suárez, Maribel Verdú e Carmen Maura, no lado feminino, e por Antonio Banderas e Javier Bardem, polo masculino.

Un ano máis, o tenista Rafael Nadal lidera as preferencias dos galegos para irse de cañas no campo do deporte, mentres que o ouro entre as mulleres lévao a atleta Ana Peleteiro. Neste ranking tamén figuran nomes como Piqué, Pau Gasol, Mireia Belmonte ou Arantxa Sánchez-Vicario.

Se se pregunta por personaxes históricos, os galegos quererían compartir un intre `de cañas` con Rosalía de Castro ou Cristóbal Colón, ademais de con María Pita, Emilia Pardo Bazán, O Cid Campeador ou Ramón y Cajal.

Finalmente, no ámbito dos influencers e as redes sociais, os galegos decántanse polos El Rubius e Dulceida, así como por Auronplay, Jon Kortajarena, Ratolina, Soy una pringada ou Verdeliss.