Sociedad

"I leave, that I have to leave": así soan as expresións máis enxebres en inglés

Sociedad

Curiosidades

"I leave, that I have to leave": así soan as expresións máis enxebres en inglés

(Foto: Unsplash)
photo_camera (Foto: Unsplash)

Xa sabemos: "it never rained that it never cleaned up!"

As expresións máis galegas non teñen comparación. Non é o mesmo poñer mil escusas para irche dun lugar que -simplemente- dicir que marchas porque tes que marchar. E para que lamentarse se é ben sabido que nunca choveu que non escampara? O galego é unha lingua preciosa, pero un pode preguntar como lle soarían estas frases tan enxebres a un estranxeiro?

Grazas á conta de Instagram The Galician Dictionary, podemos caer no raro que resulta a un londiniense entender que verlle ou cú á curuxa ou non significa "to see the owl's but", senón que é unha expresión para momentos de dificultade. Ou que andar nas verzas non significa que fósemos de excursión "to the collard greens", senón que se aplica a quen se despista e deixa cousas sen facer.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Con isto da Covid19 vímoslle o cú á curuxa . . . . With the Covid19 we saw the owl's butt #refraneiropopular #refraneirogalego #galician #idiom

Una publicación compartida de The Galician Dictionary (@galiciandictionary) el

Máis aló do divertido, o certo é que The Galician Dictionary é un recurso moi interesante para ensinar modismos aos nosos amigos estranxeiros, ou para facernos entender cando viaxemos por aí. Si, mesmo cando falemos de que en Ourense fai un sol de carallo... ou un "sun of the dick".