Unha marca ourensá premiada nos Óscars do mel

O galardón distingue o "Mel de Galicia" coma un produto que pode competir en calidade, a nivel mundial 

O mel Conde Santo é de orixe ourensá, pertencente ó municipio de Maceda, e un dos galardoados na categoría "ouro" nos London Honey Awards. 

Dende que creceu no mercado, tamén conta con colmeas en Lugo, tal e como explica o seu dono e fundador, Adrián Del Campo.

Segundo a súa deseñadora, Iria Prol, a etiqueta dos envases está inspirada polo sepulcro do Conde Santo, Osorio Gutiérrez (siglo X), que se conserva na capela da Igrexa do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, en Lugo.

Os London Honey Awards son un dos certames máis representativos do sector apícola a nivel internacional. A selección do produto galardonado lévase a cabo a través dunha cata a cegas, executada por un xurado experto en análise organoléptico dos meles, que outorga as distincións de platino, ouro, prata e bronce. 

Na edición 2021, o platino foi para Meles JS, seguido de O Poder das Flores, Ouro Puro, O Trobo-Mel do Valadouro e Conde Santo - todos coa distinción de ouro-. Por último, a prata foi para Mel do Colmear “O Salgueiral”.

A IXP "Mel de Galicia"

"Mel de Galicia" é a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) do produto galego: o seu Consello Regulador é o encargado de controlar, amparar e certificar a "Mel de Galicia" coa contraetiqueta correspondente, que indica que o produto cumple con todos os requisitos de calidade reflexados na Regulación. 

A zona de produción, elaboración e envasado da mel esténdese por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, pero a IXP é todo un referente tanto dentro coma fóra de España. 

O "Mel de Galicia" é un produto de calidade diferenciada, segundo indican os reusltados da última edición dos London Honey Awards. Na entrega de premios, foron galardoados nada máis e nada menos que seis meles galegos, todos pertencentes á IXP "Mel de Galicia". 

As Catas dos Meles de Galicia 2020
Os galardóns veñen ratificar os premios que xa se outorgaran durante as últimas Catas dos Meles de Galicia 2020, posto que catro dos produtos distinguidos na capital británica xa foran premiados previamente na cata dos meles que organiza a Xunta de Galicia -a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en colaboración co organismo regulador da IXP Mel de Galicia-.

Na última edición das catas a nviel galego, as marcas O Poder das Flores e o mel de breixo de Ouro Puro, alzábanse coas distincións de ouro nas categorías de mel multifloral e mel monofloral, respectivamente.O Trobo Mel do Valadouro obtería o bronce na categoría multifloral, e Meles JS a prata na monofloral.

stes nomeamentos lémbrannos que o "Mel de Galicia" con IXP é un produto que compite en calidade, a nivel mundial, sendo unha etiqueta garante de orixe e diferenciación: de coidado dos apicultores locais e dos consumidores, sinónimo de mantemento da biodiversidade.

Te puede interesar