SOCIEDAD

Morre o cantautor e produtor musical Bibiano Morón, animador da 'Movida viguesa'

bibiano
photo_camera Bibiano Morón en una fotografía de archivo.

O productor musical santiagués foi o precursor da introdución dos sons electrónicos na música nos anos 70

O produtor musical e exmembro do grupo Voces Ceibes, Bibiano Morón, faleceu este mércores en Vigo, aos 66 anos de idade, segundo confirmaron fontes do seu ámbito.

Morón, nacido en Santiago de Compostela pero vigués de adopción, despuntou como músico nos anos finais do franquismo, momento en que fundou varios grupos de rock. Posteriormente, uniuse a `Voces Ceibes`, un colectivo musical galego comprometido coa defensa do idioma e a cultura de Galicia, expoñente da canción máis social e belixerante co réxime ditatorial.

Este cantautor, precursor na introdución dos sons electrónicos, traballou, nos 70, con artistas como Benedicto, Lluis Llach, ou Quilapayun. Ademais das súas composicións, puxo música a poemas de Celso Emilio Ferreiro e Uxío Novoneyra, entre outros.

Tras deixar os escenario como solista, se embarcou noutra aventura xunto aos seus amigos Teo Cardalda (Golpes Bajos, Cómplices), Pablo Novoa (Golpes Bajos) e Javier Martínez (Aerolíneas Federales), o proxecto Trenvigo, co que actuou en varias cidades de España.

Á marxe da súa faceta como músico, Bibiano Morón tivo un papel decisivo na dinamización da chamada Movida Viguesa, como recorda, en declaracións a Europa Press, a produtora musical e amiga Ángeles Feijóo.

Promotor

Ademais de ser un dos organizadores do Nadal Rock de 1981, un festival celebrado no cinema Salesianos de Vigo, no que actuaron Nacha Pop, Bar, Cardalda e Novoa, e Siniestro Total (no seu debut ante o gran público), foi o ideólogo da reforma do emblemático local Satchmo e da apertura do Kremlin (nun antigo cinema de Coruxo). "Fixo cousas moi importantes na historia da música e da cultura de Vigo e de Galicia", sinalou Feijóo.

Da súa man, tocaron en Vigo artistas como Mary Wilson, Radio Futura, Alasca (nos anos da Movida) e, posteriormente, figuras de nivel internacional, como Bob Dylan, Madonna, Dire Straits, Supertrump, Motorhead, Wilco, Texas ou Leonard Cohen, entre outros moitos. No seu legado quedará tamén o seu papel na fundación do Sindicato Galego de Músicos, ou a súa achega como ideólogo do Festival Para Vigo me Voy.

Por outra banda, Bibiano Morón, quen traballou durante algúns anos no sector naval da cidade olívica, participou na fundación das Xuventudes Comunistas, e foi un destacado activista sindical en CC.OO..

Bibiano Morón faleceu na madrugada deste mércores, tras unha indisposición relacionada cos seus problemas cardíacos. Os seus restos mortais serán velados no tanatorio Vigomemorial, antes da súa incineración, prevista para este xoves.

Te puede interesar