Os menús de Nadal asequibles de Xoanqui Ameixeiras: "Menos é máis"

O cociñeiro do programa "Estache bo!" aporta a súa receita para ter unhas celebracións culinarias de categoría

A cociña de Xoanqui Ameixeiras estase a converter nunha referencia entre os fogóns galegas grazas as deliciosas receitas que nos propón dende o programa “Estache bo!” de La Región TV para a Televisión de Galicia desde nos propón unha visión tradicional da cociña galega que non está reñida co seu carácter saudable.

Xoanqui Ameixeiras comenta que para estas ceas de Nadal, Noiteboa ou Noitevella, “o menú pode ter de todo porque todo depende do que poidas gastar pero eu son dos que pensan que menos é mais. Non fai falla gastar 600 euros nunhas angulas para desfrutar dunha boa cea. Ben é certo que aquí en Galicia disfrutamos moito do marisco e podemos facer unha cea cuns langostinos ou uns camaróns que son máis caros. É certo que o marisco fresco non ten comparación co conxelado pero tampouco penso que teñamos un padal tan fino como para non desfrutar del. Sempre podemos disfrutar de productos do mar nestas datas como poden ser unhas boas ameixas que ademais resultan máis baratas”.

O cociñeiro de Fene recorda que “na miña casa sempre facíamos un menú fixo que era o bacallau con coliflor ou lombos de bacallau ao forno”.

Estas son unhas navidades atípicas pola pandemia que impide que as familias se poidan xuntar como noutra época. “Eu son dos que penso que nestas datas na miña casa hai carta blanca porque poñerlle un bacallau a un neno... Na miña casa o maior e a miña parexa prefiren o sushi e os pequenos, aliñas de polo ou pizza”.

Xoanqui Ameixeiras deixase levar polo recordo e anota que cando era neno “na miña casa había moita variedade porque o meu pai era un fora de serie na cociña. Él fora mariño por medio mundo e gustaba de meterse en todas as cociñas. Algo que meu facía era que cociñaba para a xente. Facía o rollo de carne recheo con setas, cogomelos, con nata,... A nosas noiteboas eran con meus pais e a miña irmá”. Ameixeiras sinala que “a tradición é necesaria pero as tradicións pérdense cando non se practica con elas”.

O noso cociñeiro favorito tamén ten algún consello para os postres. “Eu son dos clásicos. Penso que nestas datas non poden faltar as amendoas, os figos secos, os polvoróns e o meu consello é que a xente non se complique. Un consello sería un postre fresco, con limón, porque soe ser unha noite na que se come moito”, comenta.
Ameixeiras reflexiona sobre as cenas atípicas que tocan este ano e afirma que “ao ser tan poucos pode ser unha oportunidade para escoller o que a un maís lle gusta. Tamén pode ser unha oportunidade para implicar a toda familia na cociña. ¡Todos a cociñar, a facer algo!”.

Te puede interesar