Neira Vilas presenta a súa 'Memoria gráfica'

A primeira autobiografía do escritor galego Xosé Neira Vilas xa se encontra nas librerías da man da editorial Bolanda despois da súa presentacuón oficial o mércores en Santiago. O pai de 'Memorias dun neno labrego' expón a través dun repaso fotográfico comentado os feitos máis relevantes da súa vida desde o seu nacemento en 1928 ata practicamente o día de hoxe, no que o autor continúa activo, dando conferencias, participando en actividades culturais e escribindo, entre outras cousas.
Coa axuda da súa sobriña Chus Neira e por Pablo Iglesias, Neira Vilas escolleu 100 fotos que representan os momentos fundamentais da súa vida. A publicación comeza cunha breve autobiografía na que o escritor 'baleirou a súa memoria' e deixou constancia por escrito dunha vida que sen dúbida merece ser contada.

Te puede interesar
Más en Sociedad