¿Cal foi a palabra do ano en galego? Unha pista: non ten que ver coa pandemia

books-1163695_1280
Seis finalistas e votación popular para decidir a gañadora

A Real Academia Galega xa ten palabra do ano e gábase de que non sexa ningunha relacionada coa pandemia. "Nós", o nome da xeración e a revista centenaria que naceu en Ourense, foi a elixida na votación popular que promove cada ano o "Portal das Palabras", a web para a divulgación do léxico galego da RAG e a Fundación Barrié. 

"A voz gañadora salienta algo bo dun ano ben complicado e olla cara o futuro con optimismo, porque nos lembra tamén que saírmos da crise global provocada polo covid depende da primeira persoa do plural máis absoluta", subliñan dende a RAG.

A segunda palabra máis votada tampouco ten que ver co coronavirus: seteiro, un grupo de estrelas. "É un xeito de reivindicar o coñecemento, e a valoración, do ceo e dos seus nomes; máis tamén ten algo, outra vez, de evasión colectiva nun ano en que a covid disparou o emprego de certos termos e mesmo requiriu incorporar novas palabras ao diccionario", din os académicos. As seguintes máis votadas na lista si teñen que ver coa pandemia: gromo, en terceiro posto; pandemia, no cuarto; máscara, no quinto e, por último, a palabra vacina como sinónimo da esperanza "que fixo máis levadío este annus horribilis e que comezou a subministrarse en Galicia esta semana".

Sentidiño, no 2019

Dende o Portal das Palabras sinalan que os votos estiveron máis repartidos que outros anos. Nós cadou case 3 de cada 10 votos; seteiro o 20%; gromo preto do 17%; pandemia, o 15% de votos; máscara e vacina sumaron cada unha pouco máis do 10% das votacións.

Un guiño imprevisto foi a palabra gañadora do 2019: sentidiño, vocablo que tamén cobrou importancia despois da pandemia. Sobre a palabra escollida, Nós, a Real Academia Galega reflexiona que "é moito máis có pronome persoal tónico da primeira persoa do plural", en referencia á xeración e a revista centenaria.

Te puede interesar