Produtos contra as pragas nos viñedos con denominación de orixe Ribeiro

Syngenta ofrece preparados para combater enfermidades na viña.
photo_camera Syngenta ofrece preparados para combater enfermidades na viña.

Syngenta, a empresa ofrece formulacións fitosanitarias para a viña

En Syngenta dispoñen dun amplo catálogo de productos para a viña o que lle permite controlar as principais enfermedades e pragas presentes no viñedo ó longo de todo o ciclo do cultivo. Antonio Howorth, responsable de Syngenta, comenta que “traballamos na formulación con combinacións de diferentes substancias activas, como por exemplo, destacando algúns dos productos do noso calendario podemos atopar Ampexio e Ampexio C para o control do mildeu, Dynali para o control do black yoot e mailo Oidio ou o Switch para o control da botritis”.

Desde Syngenta sinalan que “as principais enfermedades que podemos atoparnos na zona e afectan directamente á producción da viña son o Mildeu, o Black Root, o Oídio e a Botritis. Respecto a enfermidade principal que é o Mildeu, nós recomendamos seguir un calendario de tratamentos que vai dende a primeira folla extendida ata antes da vendima. ö inicio do ciclo recomendamos o uso de funxicidas sistémicos polo rápido crecemento da viña como o Ridomil 25 e o Ridomil Gold Combi Pepite. Unha vez xa na floración e ata peche de racimo empregaremos funxicidas penetrantes como o Ampexio e o Ampexio C, para rematar o ciclo empregando funxicidas de contacto a base de cobres coma o Cuprantol Duo”.

En canto ao control do oídio “recomendamos dentro do noso calendario realizar os primeiros tratamentos con azufre de alta calidade coma o noso Thiovit Jet, seguido de Topas 200, Dynali e Recatium. Se temos tamén presenza de black root durante a fase de brotación ou floración aplicaríamos Dynali, unha combinación de duas materias activas con carácter preventivo e curativo que permitenos controlar ó mesmo tempo o Oidio e o Black Root”.

Te puede interesar