IDIOMA

Sentidiño, a palabra do ano en Galicia

palabras
Acadou o 51% dos votos e quedou por diante de outros termos como feminicidio ou narcosubmarino

Os galegos elexiron "Sentidiño" como a Palabra do Ano 2019 na votación virtual promovida polo Portal das Palabras, a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega. É un termo que constitúe "unha forma de denominar o sentido común". Foi a máis votada por diante de feminicidio e narcosubmarino, quecemento global, ecocidio e negociación, que eran os outros termos finalistas

Sentidiño, que acadou o 51% dos votos, deriva de sentido, que se orixina á súa vez da substantivación do participio pasado do verbo sentir, procedente do equivalente latino sentire ‘percibir polos sentidos’. 

O termo releva a "Deseucaliptización", que foi a palabra do ano no 2018 e a "Afouteza", que foi o termo do ano no 2018. 

Te puede interesar