Declarada a Festa de Reconquista de Vigo como evento de Interese Turístico

O volume de ocupados no sector turístico representou o 10,1% do total da economía de Galicia en 2011
O Consello da Xunta deu luz verde á declaración da Festa da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico ao cumprir os requisitos definidos no Decreto 39/2011 -regulador da declaración- e ter un recoñecido valor cultura, etnográfico así como unha singularidade propia.

Anunciouno en presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo, na que recordou que a Xunta tamén 'está a potenciar a marca Galicia e os xeodestinos'.

En concreto, a Festa da Reconquista da cidade olívica celébrase dende hai case dúas décadas organizada pola Asociación de Veciños do Casco Vello e conmemora o feito histórico do levantamento popular que permitiu, en 1809, recuperar a cidade das tropas napoleónicas.

Nela, recórdase a loita da cidade contra a invasión francesa na Guerra da Independencia que tivo lugar entre xaneiro e marzo de 1809. Vigo gañou o título da cidade e dende alí, comezouse unha ofensiva en toda Galicia que acabaría coa retirada definitiva do exército de Napoleón.

Precisamente, o presidente da Xunta invitou a todos os cidadáns a participar nunha festa á que, na súa pasada edición, acudiron máis de 22.000 persoas, máis de 450 actores e actrices, e se contabilizaron máis de 200 postos de artesanía, demostración de oficios e venda de produtos de alimentación.

OCUPADOS NO SECTOR TURÍSTICO EN 2011

O volume de ocupados no sector turístico representou o 10,1 por cento do total da economía galega durante o pasado exercicio, segundo un estudio realizado polo Instituto de Estudos Turísticos de Galicia sobre o mercado laboral no sector turístico de Galicia para o ano 2011.

Ademais, tendo o conta os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), o texto indica que o número de persoas ocupadas nalgunha das ramas turísticas de Galicia alcanzou un total de 109.153 traballadores, cifra que sufriu un retroceso respecto a 2010 do 1,6 por cento, o que significa 1.805 ocupados menos.

Pola súa banda, segundo indicou a Xunta, o número de afiliados á Seguridade Social foi de 70.133, o que significa unha variación interanual positiva do 0,1 por cento. Así, o peso do turismo no total de afiliados da Comunidade galega tivo unha media de 7,15 por cento durante o 2011, superando o 6,95 de 2010.

Pola súa parte, segundo os datos do Impatur, no seu informe de impacto económico do turismo en Galicia do ano 2010, o sector turístico en Galicia supón o 11,5 por cento do total do empelo, o que implica 135.718 postos de traballo.

Te puede interesar