COSTUMBRISMO

30 insultos galegos que debes coñecer

10370832_10152336299217462_8722827030345591362_n
photo_camera As pelis e series dobradas ao galego; unha escola de vocabulario.

Zalapastrán, rapatundas, remendafoles... O noso idioma ofrece un amplio catálogo de xuramentos e tacos

Tal e como recordan na páxina de Facebook 'Pelis dobladas al gallego', a TVG foi para nós unha marabillosa escola na que puidemos aprender unha perfecta escolma de tacos e palabras malsoantes. Verbas saídas diretamente dos beizos das persoaxes de produtos claves da cultura pop coma 'Pulp Fiction', 'Bola de Dragón' ou 'Sin Perdón'. Xeracións enteiras de rapaces que nunca estaremos o suficientemente agradecidos ao esforzo creativo dos nosos dobradores. Por que, acaso hai algo máis noso que contemprar aos nenos xurando coma camioneros no idioma de Castelao? Pura maxia.

.Barallocas: Que fala en exceso ou sen sentido.

.Bulebule: Que todo o toca e desordena. Que non ten parada.

.Cacharulo: Que ten grosas as nádegas.

.Cacholán: Que persiste nas súas ideas ou actitudes, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal.

.Caguiñas: Apoucado,chaíñas, cobarde, cagainas, cagaíñas, cagán, cagarolas.

.Camanduleiro: Hipócrita.

.Chapón: Persoa que come con voracidade. Galdrumeiro.

.Chocalleiro: Que ten por costume dicir ou facer chocalladas (bromas ou chanzas de dubidoso gusto).

.Farfallón: Que ten moi pouco coidado no seu traballo.

.Fazañeiro: Que alardea das súas fazañas.

.Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso. Loamiñeiro.

.Langrán: Que ten aversión polo traballo. lacazán.

.Lareta: Indiscreto, que todo o divulga.

.Lercho: Dise da persoa que come e bebe demasiado.

.Mexeriqueiro ou Mexiriqueiro: Persoa remilgosa ou mimarralleira. Panximicas.

.Moinante: Arteiro, astuto. Aplícase á persoa que utiilza métodos cariñosos para consegui-lo que quere.

.Pailán: Ignorante, inculto. Pailaroco.

.Palabreiro: Persoa que promete moitas cousas e logo non cumpre.

.Pándego: Dise da persoa amiga das farras e diversións. Canfurneiro, carallán, esmorgante, fandangueiro, farandoleiro, farrista, gallofeiro, parrandeiro, rexoubeiro, trouleiro.

.Panxolas: Dise do que sabe capta-la vontade doutro con enganos e gabanzas.

.Prosma: Persoa lenta, pesada, tardona. Cachazudo, indolente, pachán, pachorrento, pachorro, pancho, parsimonioso, pousafoles, pousón, sórneas, tardón.

.Rapatundas: Dise do que por apoucado aguanta tundas de todos.

.Raposeiro: Astuto, malicioso, raposo, renarte, zamurdo, zorro.

.Remendafoles: Caguiñas.

.Rexoubón: Murmurador, que soe falar mal doutras persoas.

.Rifeiro: Dise de quen é amigo de andar en rifas ou liortas. Rifante.

.Rincheiro: Que ri con estridencia, ensinando os dentes.

.Trampuzas: Persoa involucrada en negocios sucios.

.Xan: Persoa de pouca personalidade que é manexado por todos. Ñácaras.

.Zalapastrán: Baldreu, pastrán, fargallón, bandallo, persoa sucia e mal amañada.

Te puede interesar