PERIGO DE EXTINCIÓN

Como 'Allo' quedan poucos

'Allo', o can de palleiro da popular campaña de Gadis, non é un can común. Dende hai anos, a raza autóctona está en perigo de extinción.

Allo presenta tódalas características dun can de palleiro con pedigree: cabeza e pescozo fortes, cor entre branquecina e canela e un pelaxe mesto. Móvese a galope, afeito a pastorear, por eso tamén lle chaman "can lobo". Son as características que lle atribúe a web oficial do Clube de Raza Can de Palleiro, que dende o ano 2002 achega información sobre os exemplares como Allo e protexe unha especie propia que está en perigo de extinción, catalogado así pola Xunta xa hai máis dunha década.

Podemos completar o refrán: os galegos están en todo o mundo, e onde hai un galego hai un palleiro. O Club ten rexistrados 600 non só aqui, senón en Holanda, Noruega, Brasilia, Alemaña, Portugal ou Euskadi.

Queres un?

Despois de ver o popular spot, máis dun seguro que está interesado en poñer un palleiro nas súas vidas. Se queres un, cómpre agardar. O Club non ten nestes momentos stock de Allos. Pero cando sexa o momento, hai que encher un formulario para facer unha solicitude formal.

Como di a campaña, trátase de presumir. Pero amodiño.

Te puede interesar