VIRALES

Ana Peleteiro: "Españoles hai moitos, pero galegos non hai tantos"

Ana Peleteiro, na súa intervención en Land Rober
photo_camera Ana Peleteiro, na súa intervención en Land Rober

A atleta galega defendeu o idioma e a cultura galega na súa participación no programa Land Rober da TVG

A campioa de Europa de triple salto, a galega Ana Peleteiro foi a protagonista do Land Rober da TVG deste xoves. Durante a súa participación no programa fixo defensa do uso do galego. 

A preguntas do presentador, Roberto Vilar, Peleteiro afirmou que "ser galega é bo" e por iso pregntouse porque os galegos "ían querer poñerse un complejo enriba por ter un acento ou falar un idioma". 

"Ti vas polo mundo e todos falan o seu idioma" asegurou a deportista galega. "Por que vou estar cambiando o meu idioma  o acento e as miñas raíces? Galicia e o galego son as miñas raíces. Por moito que viaxe polo mundo non podo cambiar porque españoles hai moitos, pero galegos non tantos", afirmou a atleta de Ribeira para pechar a súa intervención

Toda unha defensa do idioma que foi aplaudida polo público e polo presentador.  Tamén nas redes sociais a xente se mostrou orgulloso das verbas da deportista.

Te puede interesar