Un bar galego evita que os seus clientes empreguen a barra con esta orixinal idea

Entre as novas restriccións impostas pola Xunta no sector da hostalaría destaca a prohibición de consumir nas barras dos locais. Ante esta nova medida, un hostaleiro de Lugo decidiu tirar de inxenio para adaptar o seu negocio a esta nova normativa. No lugar de empregar cinta americana para sinalar a zona prohibida, o propietario do bar Abadía, en Samos, decidiu recurrir a un producto máis autóctono e enxebre: toxos. O hostaleiro encheu a barra do seu establecemento de toxos para indicarlle con moito humor aos seus clientes que non poden facer uso desa zona.

 

Te puede interesar