Sociedad

A mensaxe reivindicativa de Ana Peleteiro: "Es Ourense, no Orense"

peleteiro_resultado
photo_camera A atleta galega Ana Peleteiro.

A atleta galega reflexiona sobre a importancia de respectar a forma orixinal dos nombres propios e de cidades como é o caso de Ourense ou Sanxenxo

¿Ourense ou Orense? Este é o debate sobre o que a atleta galega Ana Peleteiro reflexionou cos seus seguidores a través da súa conta de Instagram.

A raíz do polémico belén de Ourense, varios informativos fixéronse eco da noticia, algúns deles referíndose á cidade como "Orense". Un feito que molestou a Ana Peleteiro: "Aunque sean noticias en castellano, los nombres propios no se traducen. Es Ourense, no Orense", comentaba a atleta de Ribeira.

Peleteiro sinalaba que na fala moita xente se refire á cidade como "Orense" porque "Ourense es más difícil de pronunciar", pero aínda así insiste na necesidade de respectar a forma orixinal dos nomes. "Si te llamas Xulio y te vas a Perú no te van a llamar Julio, tu nombre es Xulio", reflexionaba a deportista, quen insistía no seu "mensaje reivindicativo para que se dejen de cambiar los nombres de las ciudades y de las personas".

ana_resultado

A medallista olímpica tamén comentou que é especialmente sensible con este tema xa que a súa cidade, Santa Uxía de Ribeira, tamén é obxecto destas traducións innecesarias por Santa Eugenia.

Outro exemplo sería Sanxenxo, que como indica Peleteiro, a forma correcta en castelán sería San Ginés e non o popularizado Sangenjo.

Te puede interesar