IDIOMA

Oito palabras que só soan 'riquiñas' en galego

diente de leooooon
photo_camera Mexacán ou flor do dente de león.

Hai termos da nosa lingua que son dignos de exportar ao resto do mundo.

Morriña, enxebre, mágoa, bico, luscofusco... Non nos fartaremos de presumir delas. As palabras galegas soan máis fermosas que en calquera outro idioma. Pero máis aló de todos estos termos que coñecemos, hai outros menos populares que tamén forman parte do noso patrimonio lingüístico, digno de exportar ao resto do mundo. 

1. Rabuxa. É case un eufemismo do mal humor. Tamén se usa o "mal xenio". Os galegos somos moi rabudos. A personalidade ninguén nos gaña.

2. Nubeiro. Se hai un campo no que vaiamos sobrados de adxectivos é no da meteoroloxía. A choiva e os seus milleiros de acepcións. Neste caso, un nubeiro é unha nube oscura e baixa. Tamén se lle chama así o espírito maligno que segundo a crenza popular trae as tempestades. Xa sabemos de onde vén o inverno perpetuo nalgunhas zonas de Galicia.

3. Fuxidío. Un tempus fugit á galega. A maxia do efémero, do que dura pouco. 

4. Afouteza. A seguridade que alguén ten en si mesmo. O carácter firme dos galegos.

5. Barallete. Por se non nos chega co noso idioma, os afiadores ou paraugueiros ourensáns crearon a súa propia lingua segreda: o barallete. Disque 'Galleira' é 'Galicia' neste críptico argot.

6. Rechouchiar. O que fai o paxariño de Twitter. Adaptarnos o dixital tamén trae novas verbas coma esta, da familia do chío (tweet en inglés).

7. Crecho Moi relacionado ca afouteza, un rapaz crecho pode ter o pelo rizado formando remuíños pero tamén pode facer referencia a estar cheo de orgullo e fachenda.

8. Mexacán. O último exemplo de que hai palabras que soamente poden soar fermosas no noso idioma. Un mexacán é unha planta con flor amarela parecida ás margaridas. Tamén se lle chama dente de león ou leitaruga.

Te puede interesar