Tras "comprouno, que traballo lle vai dar!" chega: "En Gallego, gilipollas"

gilipollas
photo_camera Twitter: @ClaudiaVzquezS2
Momento hilarante o vivido durante unha conexión da Televisión de Galicia no parque acuático de Cerceda

As conexións en directo sempre dan moito xogo. A improvisación e momentos que non se agardan forman parte da 'normalidade' dos reporteiros, que nalgúns momentos ata sofren para conter o riso.

No anecdotario dos galegos hai expresións xa introducidas dentro do día a día como o "que te fixen eu a ti 'gelipollas'" (que recolleu previamente este xornal cun artigo publicado tras o intento de roubo) ou o hilarante "Comprouno que traballo lle vai dar!" que agora dan paso a un novo momento televisivo.

Durante a conexión clásica do verán no parque acuático de Cerceda, un xove reprende ó seu amigo por falar en castelán cun "en gallego gilipollas". Vale que tampouco foi en galego, pero aí queda. A anécdota do verán xa está nas redes sociais.

Deixámosvos uns cantos recordos de momentos divertidos na historia galega da televisión.

1.- "Que te fixen eu a ti, gelipollas"

2.- "Nos pegan"

3.- "Mercouno, que traballo lle vai dar"

4.- Intento de atropelo e persecución pola vila co tractor

5.- Sae desorientado dunha casa de citas e cae o pilón

Te puede interesar