As casas niño de Manzaneda, o mellor camiño nos tempos de covid

Iria González, a propietaria da casa niño de Manzaneda, afirma que as actividades ao aire libre son a maior prioridade no Bicarelo sendo esta a maior medida de protección fronte o covid

O Bicarelo, dirixido por Iria González, mestra de primaria convertida como ela di en ‘nai de día’, nace no 2016 e forma parte dos proxectos de ‘casas niño’ existentes en Galicia. Estas foron creadas para dar un servizo en concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non había un punto de atención á infancia. En Seoane, unha pequeniña aldea do concello de Manzaneda, duns vinte habitantes, no seu propio fogar, esta educadora acondicionou un espacio e recibe aos nenos entre cero e tres anos, brindando ese coidado e acompañameto a non máis de cinco nenos, onde actualmente ela acompaña a catro cativos.

Este mesmo sistema é o que seguen as “nais de día” e sobre o que esta profesional opina que “debería ter outra consideración e estar regulado en todo o territorio español”. Explica tamén os beneficios de recibir ás crianzas o máis familiarmente posible así como a importancia dunha atención máis individualizada, respectando o ritmo de cada neno e suliña ademáis un menor contaxio e transmisión de enfermedades ao falar de ratios tan baixas de nenos. Todos estes puntos fan que durante a pandemia cada vez máis xente aposte por este aprendizaxe para os seus meniños.

“A calma é o que caracteriza a nosa xornada no Bicarelo”, di Iria mentres destaca que na aldea os perigos son casi inexistentes, viven alonxados dun mundo de présas, gozan dos animais e “a relación cos vecinos é do máis enriquecedor”. De oito da mañá a catro da tarde, intentanto “favorecer un ambiente máis próximo e cálido” como ela di, fai que o xogo libre ocupe a maior parte da xornada e contando sempre con elementos naturais xa que esa é a aposta que fai desde o Bicarelo, un proxecto basado na presenza da natureza en todo momento. De feito, manifesta que as saídas diarias realizando actividades relacionadas coa estación do ano e os ciclos da natureza reportan numerosos beneficios físicos e sensoriais aos cativos facéndoos responsables do medio. Nesta casa niño as tradicións son outro eixo fundamental, “pensó que si os nenos desde pequenos aprenden a amar a súa lingua, as costumes, e a cultura, cando sexan maiores poderán apreciar e respectar a diversidade e o resto das culturas” di Iria, e así o transmite nas rutinas que siguen diaria ou semanalmente.

Aprendizaxe e desinfección en tempos de COVID

Cada familia, dependendo das súas diferentes casuísticas, afronta de forma diferente a covid,pero polo xeral no Bicarelo conta cunha asistencia diaria dos cativos tentando así transmitir un punto de normalidade, a ratio tan reducida é moi favorable na pandemia a pesares de que si hai algunas variacións por mor do virus como limitar que os pais non entren na sala mantendo o protocolo o máis posible.

Aínda que si é certo que neste mesmo punto ensinarlle vínculos culturais viuse algo reducido en tempos de Covid, a educadora segue “dando colos cando os precisan e abrazos cando os demandan”, sempre con maior responsabilidade pero coa certeza da importancia do vínculo afectivo nos nenos desta curta idade. ”Con respecto aos cativos, hai limitacións xa que levamos a faciana cuberta, e a nivel de expresión é un límite porque os nenos non observan os movementos dos beizos” e iso é importante nesta etapa. Todo é máis intenso na pandemia, pero a desinfección xa está implícita desde antes da chegada do virus, así como o lavado de mans frecuente nos nenos, agora faise con maior coidado se cabe, pero se contaxiar unha sensación de medo nos pequenos. Por sorte as crianzas chegan de xeito escalonado, permitíndolle a esta ‘nai de día’, como ela se define, unha desinfección máis individualizada. Con todo isto as casas niño convírtense nun lugar máis seguro en tempos incertos como os que estamos a vivir.

Te puede interesar