Unha singular loita contra a despoboación nun proxecto creado entre a Fundación Joaquín Balsa e Aldealista, leva a San Xoán de Río a galerías de arte en grandes lugares como París ou Seul.
A visita do artista ourensan Joaquín Balsa ata a aldea de Castiñeiro, no concello de Río, inspirou a súa obra, creando unha colección de pequenas esculturas que naceron dos propios recursos naturais, como a madeira de castiñeiro da aldea do mesmo nome, ouro dos Biocos e Cuarcita.
Nesa mesma aldea naceu Aldealista, a plataforma dixital que xurdíu coa premisa de que “los pueblos no pueden desaparecer”, e este novo proxecto artístico segue a mesma liña.
A primeira colección destas pezas poderá visitarse desde o 1 de marzo na Galería “ The Muisca Art Space” de París e continuará na Bank Art Fair, en Seúl, no mes de agosto.