O IES trivés acolle un taller contra a violencia

Alumnos do IES Xermán Ancochea Quevedo no obradoiro contra a violencia de xénero.
photo_camera Alumnos do IES Xermán Ancochea Quevedo no obradoiro contra a violencia de xénero.

O Centro de Información á Muller do Concello da Pobra de Trives continúa cas suas actividades enmarcadas para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Desta volta, na mañá do martes, os alumnos de 3º e 4º curso de Ensinanza Secundaria do IES Xermán Ancochea Quevedo, asistiron a un obradoiro impartido por responsables do equipo de formación da entidade dinamizadora Pantallas Amigas.

Baixo o título “Violencia de xénero no novo contexto dixital”, esta acción formativa ofertada pola Secretaría Xeral de Igualdade, tiña por obxectivo traballar cos rapaces do centro a prevención da violencia de xénero no seu día a día debido o aumento de casos na xuventude. 

O obradoiro sobre a violencia de xénero e as novas tecnoloxías favorece o coñecemento e prevención de novas formas de violencia de contexto dixital como a ciberviolencia de xénero, grooming ou a sextorsión entre outras, adquirindo ferramentas de prevención contra estas prácticas. 

Te puede interesar