Mulleres de San Xoán de Río aprenden autodefensa

O Concello de San Xoán de Río celebra un “Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas”. Este terá lugar, de xeito gratuito, el próximo sábado 3 de decembro, de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas no centro social, situado na Praza da Igualdade da localidade trivesa.

As persoas interesadas nesta xornada formativa deben dirixirse ao Concello.

O curso será monitorizado por persoas especializadas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ensinando ás alumnas como actuar diante de situacións problemáticas a través de técnicas de autodefensa.

Este curso de autodefensa para mulleres está organizado polo concello de San Xoán de Río en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, a Federación Galega de Loita, a Academia Galega de Seguridade Pública e o Ministerio de Igualdade.

O concello de Montederramo tamén contará con este curso na mesma data e hora. Este levarase a cabo no mosteiro da vila.

Te puede interesar