A nova edición da cea do cocido de Piñeiro xa ten entradas a venda

Honrando ao San Sebastián, a parroquia de Piñeiro, na Pobra de Trives, celebra a finais de xaneiro a súa maior festa. A cea do cocido de Piñeiro, unha das máis agardadas cada inverno por veciños e visitantes, xa ten data as entradas á venda. O venres 27 de xaneiro é a data marcada na que a carpa desta pequena aldea trivesa encherase de espíritu gastrtonómico e a súa carpa acollerá aos que se dirixan a degustar un menú elaborado a base de carne de porco. Cun aforo de 400 persoas, os propios veciños son os encargados de preparar o cocido e servir as mesas.  As entradas para asistir á cea teñen un prezo de 20 euros e pódense mercar no Cafeto, Sky ou Mercería Marina. Ao remate da comida, a festa abre o seu momento de baile coa actuación da orquesta Marbella e tras eles seguirán a festa os Dj’s Sedinho e Alex Prieto. Durante toda a fin de semana Piñeiro continúa cos días de festa honrando a seu patrón.

Te puede interesar