“Novela da Galicia Rural” vuelve a San Xoán de Río

undefined
photo_camera Cartaz do II Premio de Novela da Galicia Rural
As novelas participantes deberán ser orixinais, inéditas e en galego, contando cunha extensión mínima de 100 páxinas e enfocadas principalmente na Galicia rural

A segunda edición do concurso de novelas en San Xoán de Río abre o seu plazo para presentar os traballos ata o 15 de decembro e trae como premio dous mil euros.

O concello de San Xoán de Río, contando co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, organiza o II Premio de Novela da Galicia Rural. Un concurso dirixido tanto a autores e autoras xa consagrados como a novos talentos, coa finalidade de promocionar e axudar na procura de alternativas para o desanvolvemento rural así como potenciar a defensa da lingua e a promoción das actividades culturais no ámbito local.

As novelas participantes deberán ser orixinais, inéditas e en galego, contando cunha extensión mínima de 100 páxinas e enfocadas principalmente na Galicia rural. O plazo de presentación das mesmas será ata o 15 de decembro do 2021 e o seu dictame no mes de febreiro do 2022.

O premio ao traballo gañador consiste na edición da obra por parte da Editorial Galaxia, así como 2000 euros en metálico e un diploma acreditativo.

Os interesados poden consultar e descargar as bases no portal da lingua galega, www.lingua.gal, dirixíndose ao apartado secretaría e dentro deste en convocatorias.

Te puede interesar