Parada invertirá 75.000 euros no seu patrimonio natural

Aquilino Domínguez a carón do castiñeiro de Entrambosrríos.
photo_camera Aquilino Domínguez a carón do castiñeiro de Entrambosrríos.

La Consellería De Medio Ambiente aprobou unha subvención de 75.275 euros ó concello de Parada de Sil, por ser un dos concellos situados na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra.

O concello, según manifesta o seu alcalde Aquilino Domínguez solicitou esta subvención para varias actuacións entres as que salienta o valado e protección do castiñeiro de Entrambosrríos, declarado árbore singular pola Xunta de Galicia para impedir que os visitantes suban o mesmo e o deterioren así como limpar o sequeiro que está pegado ó mesmo, permitir un mellor acceso de luz ó castiñeiro e explicar con paneis a importancia desta árbore e dos soutos e a castaña na economía tradicional de Galicia.

Dí o alcalde que outra actuación importante será limpar de acacias unha zona próxima á Fábrica da Luz e Pasarela do Río Mao para evitar a propagación desta especie invasora.

Tamén e en colaboración coa asociación de propietarios de soutos de Parada de Sil que preside Mónica Bizarro, a subvención irá destinada a efectuar desbroces e podas lixeiras en soutos de castiñeiros en dúas zonas que foron declaradas masas forestais de protección pola Xunta de Galicia no entorno de Entrambosrríos e Os Ougueiros e Castro.

 Desbroces

En poucos días sairá á licitación os desbroces e a empresa adxudicataria terá varios meses para levar a cabo os mesmos xa que nos soutos actualmente en producción neste periodo próximo ó inicio da castañeira non se pode efectuar agora, pero sí se fará con carácter inmediato nas zonas abandonadas . 

Estas actuacións contribúen a mellorar a paisaxe natural, por en valor o patrimonio , manter vivos os castiñeiros e evitala propagación de incendios forestais, polo que Aquilino Domínguez amosa o seu contento.

Te puede interesar