Parada de Sil executa obras en núcleos do rural

Obras de mellora no acceso a Requián.
photo_camera Obras de mellora no acceso a Requián.
Estas melloras contan cunha inversión prevista de 87.043 euros

No Concello de Parada de Sil, unha atmosfera de renovación respírase en varias das súas aldeas, “como ben dicía o alcalde, Aquilino Domínguez, na toma de posesión, a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas é para el unha tarefa fundamental e prioritaria”, sinalan desde o Consistorio, cun enfoque que reflicte no compromiso co benestar e a prosperidade dos veciños, como o expresou o seu rexidor durante a inauguración destas obras.

Unha das accións máis recentes foi a culminación da mellora do acceso a Calvos, un avance que foi ben recibido polos residentes locais. Agora, a atención céntrase na finalización da construción de beirarrúas no Valle, un proxecto que promete facilitar a mobilidade e seguridade peonil nesta área. Estas intervencións, executadas na localidade da Ribeira, son só o inicio dun plan máis amplo que busca estender melloras similares a outras aldeas, como a montaña de Forcas, Escavadas e Requián, evidenciando un compromiso do concello co desenvolvemento equitativo e sostible de toda a rexión.

Investimento

O investimento total para estas obras ascende a 87.043 euros, unha suma posible grazas ao esforzo conxunto entre A Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o propio Concello de Parada de Sil. Con esta colaboración interinstitucional subliñan a importancia de traballar de maneira coordinada para impulsar o desenvolvemento rural e mellorar a calidade de vida dos habitantes. Ademais destas iniciativas, o Consistorio ten previsto abordar outras necesidades infraestruturais, como a mellora do asfaltado na estrada municipal de Miranda e Forcas, cun investimento adicional de 34.511 euros.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, adiantou que proximamente anunciará o investimento correspondente ao Plan Marco 2024-2025, reafirmando así o compromiso municipal de seguir avanzando na mellora das condicións de vida de todos os residentes no concello.

Te puede interesar