Río acolle unha xornada sobre a saúde da muller

O obxectivo é promover o autocoidado, empoderamiento, benestar e autonomía das mulleres

San Xoán de Río acolle este sábado día 4 de xullo a “I Xornada de saúde da muller”. As actividades, dirixidas a todos os públicos, transcurrirán desde as 10,30 horas ata as 20,00 horas no centro social, situado na Praza da Igualdade.

O día comezará con danza, da man de Darija Cz, bailarina e coreógrafa, usando esta arte como empoderamento feminino (artivismo). Ás 11,00 horas, os asistentes disfrutarán dun obradoiro de “teatro para o empoderamento feminino”, aberto para quen queira asistir e sen ser necesaria experiencia no teatro.

Para finalizar a quenda da mañá, serán as Macizas Centrais quen poñan a nota musical durante a sesión vermú e, xa pola tarde, contarán con outro obradoiro de danza do ventre. 

Para rematar a xornada, a matrona do hospital de Valdeorras, Teresa González, impartirá un obradoiro de exercicios do solo pélvico, e rematará a sesión co obradoiro de solucións naturais para o autocoidado feminino. O obxectivo destas sesións é promover o autocoidado, o empoderamento e o benestar e a autonomía das mulleres.

Te puede interesar