Río contará con dúas novas casas do maior

Salón dunha das casas do maior.
photo_camera Salón dunha das casas do maior.

O pasado sábado facían en San Xoán de Río a xornada de portas abertas e inauguración das dúas casas do maior que comenzan a funcionar neste concello.

As dúas, “A Casiña Azul” e “O Afiador”, destinadas a maiores de 60 anos, ofrecen un servizo “moi bo é necesario para San Xoán de Río, o Concello cede o local e xestionanse de xeito privado”, como explica o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez.

Das dez plazas ofertadas, oito xa están cubertas, segundo sinala o rexidor. Abrirán gratuitamente de luns a venres, en horario de 9,00 a 18,00 horas e aos usuarios recolleranse nas súas casas, mellorando con estas casas a calidade de vida dos maiores, evitando o aillamento social e axudando a conciliar en moitos casos cos horarios dos familiares que traballan e non os poden coidar.

Te puede interesar