Ritmos tradicionais nas Letras en Manzaneda

Nenos e adultos desfrutaron das festividades do Día das Letras Galegas

O centro de día de Manzaneda viuse repleto de nenos e adultos espectantes por desfrutar das festividades do Día das Letras Galegas.

A pesar de que a choiva impediu a realización do evento no patio da escola, os asistentes non se deixaron deter e trasladáronse ao centro de día para gozar das actuacións dos grupos tradicionais da vila.

A tarde de baile e música tradicional comezou ás 18,30 horas e os auténticos protagonistas foron veciños, cativos e adultos que forman parte das distintas agrupacións tradicionais de Manzaneda, mostrando diferentes bailes dos talentosos membros da Asociación de Baile A Pinguela, as actuacións de grandes e pequenos da escola de pandeireta, onde o grupo dos máis cativos arrancou os aplausos do público, e o grupo tradicional de gaita e percusión do concello de Manzaneda, que acompañou cada un dos bailes coa súa música.

Te puede interesar