Aeronáutica terá un mestrado de dous anos con 25 prazas

Equipamiento de uno de los laboratorios de Ingeniería Aeronáutica, en el Campus. (XESÚS FARIÑAS)
photo_camera Equipamiento de uno de los laboratorios de Ingeniería Aeronáutica, en el Campus. (XESÚS FARIÑAS)
A Universidade de Vigo foi a primeira institución en impulsar un mestrado exclusivo en Aeronáutica

O mestrado de Enxeñaría Aeronáutica será exclusivo en Ourense o curso que vén, na única Escola que imparte esta disciplina en Galicia, inaugurada no curso 2015-2016 e chamada a ser unha das tituacións máis novedosas do Sistema Universitario Galego.

Este logro da Universidade de Vigo para o Campus prodúcese despois de varios atrancos e tras varias promocións do grao en Aeronáutica que tiveron que emigrar a outras comunidades autónomas para completar a súa formación, xa que o posgrao é un dos que ten a categoría de habilitante: é dicir, os graduados precisan deste mestrado para poder exercer na súa profesión, unha especialización que noutras áreas non é obrigatoria. 

Dirixido específicamente aos graduados en Enxeñaría Aeroespacial, o mestrado en Enxeñaría Aeronáutica é un dos sete mestrados da UVigo que dá acceso á profesión regulada. Exclusivo da UVigo, terá unha duración de dous anos -120 créditos formativos- e a oferta de prazas ascende a 25. O mestrado está pendente aínda da autorización final para pór en funcionameno o próximo ano, “autorización que se agarda que chegue nos vindeiros días”, confirman fontes da UVigo.

Tal e como explicou o seu coordinador onte, Higinio González, o mestrado “dotará ás persoas matriculadas de  múltiples capacidades, entre elas, a de deseñar, construír, inspeccionar, certificar e manter todo tipo de aeronaves e vehículos espaciais, cos seus correspondentes subsistemas, así como planificar, proxectar e controlar os procesos construtivos de infraestruturas, edificios e instalacións aeroportuarias, xunto co o seu mantemento, conservación e explotación”.

Os futuros titulados estarán tamén preparados para a dirección xeral e xestión técnica de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros de tecnoloxía aeronáutica e espacial.

Por outra banda, o de Enxeñaría Aeronáutica é o único mestrado novo que estreará o Campus para o curso 2023-2024. 

A UVigo foi a primeira institución en impulsar un mestrado exclusivo en Aeronáutica. Porén, a Consellería de Educación priorizou a autorización de mestrados interuniversitarios -é dicir, compartidos entre varias universidades-. Entón, comezaron os atrancos ca Universidade de A Coruña: esta institución, que non ten Escola de Aeronáutica, impulsou nun primeiro momento un mestrado exclusivo, competindo con Ourense. Á hora de poñerse dacordo para un mestrado compartido, UVigo e UDC non chegaron a bo porto. Despois disto, a UVigo volveu ao plan orixinal: insistir á Xunta nun mestrado exclusivo para Ourense. Anos despois de atrancos e burocracia, o logro está máis preto: haberá mestrado en setembro. 

Te puede interesar