Universidad

A Cátedra Feminismos conta xa con 14 "sabias" da UVigo

As 14 mulleres que integran o Comité de Sabias da Cátedra Feminismos 4.0 da UVigo.
photo_camera As 14 mulleres que integran o Comité de Sabias da Cátedra Feminismos 4.0 da UVigo.
Enxeñeiras, físicas e filósofas forman un comité que loitará polo papel da muller na sociedade dixital

n n n A UVigo presentou o Comité de Sabias da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo. Trátase dunha equipa formada por 14 mulleres referentes nos seus respectivos ámbitos profesionais, dende enxeñeiras de telecomunicación, mecánica ou informática ata expertas en física e intelixencia artificial ou filósofas, matemáticas ou filólogas. O obxectivo é identificar os retos da sociedade dixital para que as mulleres accedan a ela en condicións dignas e igualitarias. Tamén defnir as accións que deben impulsarse para a igualdade real".

Dende a UVigo anotan que este comité representa "unha mostra da presenza feminina nas carreiras STEM". 

Nomes

Forman parte do Comité de Sabias as seguintes expertas: Ana Jesús López, profesora na área de enxeñaría mecánica na UDC e membro do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser; Ana Vila, profesora da Universidade de Sydney, socia fundadora e presidenta da asociación internacional Women in Costal Geosciencie & Engineering; Amparo Alonso, catedrática de Intelixencia Artificial e unha das maiores expertas nesta; Coral del Río, catedrática de Economía Aplicada na UVigo e experta en economía feminista; Dhaunae de Vir, especialista en e-sports e embaixadora das asociacións WomenTech Network e Women in Games; Edita de Lorenzo, profesora da EE de Telecomunicación na UVigo, na que se converteu na primeira muller en dirixir unha escola de enxeñaría en Galicia; Encina Calvo, profesora de física na USC e divulgadora científica no eido das STEM; Mª Luz Castro, socia fundadora da empresa galega imaxin|software, deseñadora de videoxogos, divulgadora e docente; Mari Lires, profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais da UVigo, pioneira e experta en Estudos de Ciencia, Tecnoloxía, Xénero e Educación; Mª José R. Malmierca, responsable da Área de E-learning e Colaboración do Cesga; Marta Macho, matemática e divulgadora científica, editora da web Mujeres con Ciencia e  profesora de Xeometría e Topoloxía na Universidade do País Vasco; Purificación Mayobre, profesora xubilada de Filosofía na Universidade de Vigo cun destacado percorrido como militante feminista; Soledad Torres, enxeñeira de Telecomunicación especializada en Tratamento Dixital de Sinais na EE de Telecomunicación da UVigo e Susana Martínez-Conde, científica neuronal, catedrática de Oftalmoloxía, Neuroloxía, Fisioloxía e Farmacoloxía e directora do Laboratorio de Neurociencia Integrada na Universidade do Estado de Nova York (SUNY). 

Te puede interesar