Agricultura

Un convenio traballará para poñer en valor o sector apícola

Miguel Perez, Esther Ordoñez, Manuel Reigosa y Manuel Seoane.
photo_camera Miguel Perez, Esther Ordoñez, Manuel Reigosa y Manuel Seoane.
O primeiro proxecto será un estudo sobre os posibles usos cosméticos deste produto.

A Universidade de Vigo, a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou), a Agrupación Apícola de Galicia e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Mel de Galicia colaborarán na potenciación e diversificación do sector. Será ao abeiro dun convenio marco de colaboración asinado entre responsables das entidades implicadas. O primeiro proxecto será un estudo sobre os posibles usos cosméticos deste produto.

A colaboración, nace do interese común das entidades asinantes de "promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento científico e tecnolóxico, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da sociedade", polo que o seu propósito pasa por realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións que representan. Entre elas figuran desde proxectos de investigación ata a organización e realización de todo tipo de actividades académicas. 

A sinatura contou coa participación de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Seoane, presidente de Adercou; José María Seijo, presidente da Agrupación Apícola de Galicia; María Esther Ordóñez, presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Mel de Galicia, e Miguel Ángel Pérez, director xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), asistindo ao acto alcaldes de parte dos once concellos que forman Adercou. Todos eles coincidiron en salientar a importancia desta iniciativa para o desenvolvemento rural. Dende a Universidade de Vigo entenden que é obriga da institución "favorecer o desenvolvemento do territorio", en palabras de Manuel Reigosa.

Te puede interesar