Encontro

Encontro coa empresa Kaleido para buscar liñas de innovación

Durante a xuntanza centráronse en ámbitos de futuro como a intelixencia artificial, a impresión 3D ou o blockchain

Co obxectivo de poñer a ciencia ao servizo da sociedade e potenciar liñas de investigación que sirvan para resolver problemas e demandas do tecido produtivo, a UVigo e a empresa Kaleido celebraron esta semana un encontro organizado polo Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña - CIM, para dar a coñecer o ecosistema de innovación aberta co que traballa a empresa loxística, que pode axudar ao mundo académico a identificar necesidades da industria e darlles solucións. Ao mesmo tempo, os representantes desta compañía tamén puideron familiarizarse, da man da vicerreitora Belén Rubio, coas "capacidades dos centros de investigación e agrupacións da UVigo".

A intervención da vicerreitora centrouse en amosar a Kaleido o potencial investigador da UVigo a través dos seus grupos e agrupacións. Trátase, remarca Rubio, de "promover a transferencia da Universidade cara ás empresas, en particular con Kaleido, entidade que ten moi forte conexión co CIM, con varios proxectos innovadores do ámbito mariño e da acuicultura, pero tamén proxectos de loxística nos que tanto atlanTTic como Cintecx, por exemplo, teñen un papel moi relevante". 

A vicerreitora fixo fincapé en que as novas políticas, tanto rexionais como nacionais e europeas "promoven a innovación, a potenciación e o impulso das empresas".

Ao longo da xornada de traballo, tanto o persoal investigador como os representantes da empresa centráronse en tecnoloxías tan claves para o futuro como poden ser a mecánica, intelixencia artificial, visión artificial, realidade aumentada, impresión 3D, big data, blockchain, robótica, drones, eficiencia motor, nanotecnoloxía, bioTech, automatización e mecanización industrial, entre outras especialidades. 

Te puede interesar