Voluntariado

Os estudantes da UVigo promoven a Axenda 2030

Captura dunha xuntanza virtual dos Axentes do Cambio.
photo_camera Captura dunha xuntanza virtual dos Axentes do Cambio.
Os "axentes do cambio" son un grupo heteroxéneo, formado por nove voluntarios de distintos campus e con diversas especialidades

Os Axentes do Cambio, grupo de nove estudantes con formación específica, acaban de comezar o seu labor de concienciación sobre a Axenda 2030 nos campus. O programa divulgativo, proposto por elas e eles mesmos, comprende entrevistas co profesorado da Universidade de Vigo que traballa en materias relacionadas coa Axenda 2030, intervencións creativas e até enquisas á comunidade universitaria. 

As persoas voluntarias comezaron as súas actividades en marzo, e durante o mes de abril están a realizar tarefas de divulgación. Cada semana desenvolven unha intervención virtual como activistas e divulgadores da Axenda 2030.

O grupo de voluntarios está formado por nove estudantes (oito mulleres e un home) dos tres campus da UVigo. Representan, ademais, todos os eidos do coñecemento, xa que entre eles hai estudantes, por exemplo, do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible ou os graos en Tradución e Interpretación, Ciencias Ambientais, Educación Social ou Enxeñaría Forestal. Defínense como "un grupo de persoas pertencentes aos distintos campus, pero con preocupacións comúns: a perda da biodiversidade, a contaminación, a desigualdade, a emerxencia climática, a xustiza social… Estas problemáticas están presentes no noso día a día e é por isto que puxemos en marcha esta iniciativa de concienciación e cambio", conclúen os estudantes. 

Te puede interesar